Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.616

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (173/1994 -01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 173/1994, sobre lesións agresión, sendo partes como denunciante Mercedes Santos Villar e como denunciado Antonio Santos Villar, se dictou a sentencia coa seguinte decisión:

«Que debo condenar e condeno a Antonio Santos Villar como autor penal e civilmente responsable dunha falta de lesións, á pena de dous días de arresto menor, ó pagamento das custas e a que satisfaga a Mercedes Santos Villar en concepto de responsabilidade civil a suma de 10.000 ptas.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación á denunciante Mercedes Santos Villar e ó denunciado Antonio Santos Villar, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA