Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.616

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (158/1994-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no

xuízo de faltas número 158/1994, sobre apropiación indebida, seguido como denunciante María Isabel Herrero Martín e como denunciado José Aceituno Ortega, se dictou a sentencia coa seguinte decisión:

«Que debo condenar e condeno a José Aceituno Ortega como autor penal e civilmente responsable dunha falta de apropiación indebida, á pena de un día de arresto menor, ó pagamento das custas e a que restitúa a María Isabel Herrero Martín o pantalón.

Así por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a María Isabel Herrero Martín, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado