Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.616

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de citación (179/1995).

En virtude de resolución do xuíz de instrucción dictada neste día en xuízo de faltas 179/1995, cítase o que ó pé se indica co fin de que como denunciado compareza na sala de audiencia desta xulgado, o día vinteún de xuño ás 11.45 horas, mandando convocar para o dito fin ó Ministerio Fiscal e cita-las partes, co fin de que comparezan no lugar, día e hora expresados, coas probas de que se intenten valer, baixo os apercibimentos legais, e de seren multados de acordo co artigo 966 da Lei de axuizamento criminal se non comparecesen, e de que poderán facelo asistidos de letrado.

E para que conste e sirva de citación en forma a Manuel Jesús Vila Suárez, ausente en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Negreira o dezaseis de maio de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA