Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.619

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (410/1991).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos do xuízo verbal civil nº 410/1991 promovidos por José A. Iglesias Iglesias, contra Baldomero Sánchez Ramos do cal se desistiu, e contra Francisco Moledo Pérez e Aseguradora Unión Iberoamericana sobre reclamación de cantidade por danos en accidente de tráfico, por medio da presente cédula cítase a Francisco Moledo Pérez, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala da audiencia deste xulgado o próximo día 27 de xuño de 1995, ás 10 horas, e para estes efectos deberá concorrer cos medios de proba de que intente valerse, baixo apercibimento de que se non comparece, recaerá na súa rebeldía o prexuízo a que houber lugar en dereito, de conformidade co artigo 729 da LAC; facéndolle saber que se encontran á súa disposición na secretaría deste xulgado as copias da demanda e demais documentos achegadas a ela.

E para que sirva de citación en forma ó mencionado demandado Moledo Pérez e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula citación en Santiago de Compostela, 3 de maio de 1995.

O secretario

Rubricado