Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4165 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar C.T. de distribución tipo edificio no sector da estrada Pontevedra-Monterroso e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxeccion ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de un centro de transformación de distribución tipo edificio de 1.000 kVA, e tensións 20 kV/-B2, con dúas celas de liña e unha cela de protección. Inicialmente instalarase un transformador de 400 kVA, no concello de Monterroso.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 20 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo