Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en soli
citude de autorización para instalar R.B.T. nos lugares de Portela, Grelos e Esfarrapa no concello de Monforte e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación dunha rede de baixa tensión cunha lonxitude de 1.657 metros e un conductor R.Z.-95-50/54, para mellora da subministración nos lugares de Portela, Grelos e Esfarrapa no concello de Monforte.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 19 de abril de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo