Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4155 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar R.B.T. nos lugares de Albín, Casanova, Lamas e Peteira no concello de Saviñao e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto

2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxeccion ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación dunha rede de baixa tensión cunha lonxitude de 2.174 metros e do conductor R.Z.-0,6/1 kV e R.Z.-95-50-25, nos lugares de Albín, Casanova, Lamas e Peteira no concello de Saviñao.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 21 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA,

COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO