Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública dun estudio de detalle na rúa Ramón Nieto, esquina rúa Pardavila.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 3 de marzo de 1995, o estudio de detalle na rúa Ramón Nieto, esquina rúa Pardavila (3243/411), redactado polo arquitecto Leopoldo Salceda Alvite, visado polo COAG con datas do 24 de agosto e 31 de outubro de 1994, sométese a información pública, polo prazo de quince días hábiles, con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación

e demolición a abranguida polo seu ámbito cos límites seguintes:

-Norte: rúa Pardavila.

-Sur: rúa Ramón Nieto.

-Leste: U.E. Ramón Nieto, 5.

-Oeste: rúa Pardavila.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 5 de maio de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde