Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública dun estudio de detalle na U.A. 14 Pedreira.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 14 de febreiro de 1995, o estudio de detalle na U.A. 14 Pedreira (3166/411), redactado polo arquitecto Jaime Riera Nieves, visado polo COAG con datas do 8 de xullo, 24 de novembro, 15 de decembro de 1994 e 16 de xaneiro de 1995, sométese a información pública, polo prazo de quince días hábiles, con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito cos límites seguintes:

-Norte: Avda. Cesáreo Vázquez.

-Sur: camiño de Bouzo e barrio da Estomada.

-Leste: PAU igrexa e barrio da Estomada.

-Oeste: barrio Currás.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 2 de maio de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde