Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do 3-5-1995, aprobou o prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación por concurso da obra de adición de planta baixo cuberta da Casa do Concello, o cal se expón por termino de oito días na secretaría deste concello en unión do proxecto e coas condicións técnicas, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para efectos de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase a correspondente licitación, se ben esta aprazaríase no caso en que se formulasen reclamacións.

Obxecto: contratación mediante concurso aberto da obra referida.

Tipo de licitación: 19.000.000 de pesetas IVE incluído.

Prazo de execución: 4.000.000 de pesetas antes do 1-9-1005, e o resto, ou sexa 15.000.000 de pesetas antes do 31-12-1995.

Fianzas: provisional 2%, por importe de 760.000 pesetas, e definitiva 4% do importe do prezo de adxudicación.

Prazo, lugar e horas de presentación de proposicións: na secretaría municipal de 9 a 14 horas, durante o prazo de 20 días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos diarios oficiais, BOP ou DOG.

Apertura de plicas: ás 13 horas do día seguinte hábil no que remate o prazo de presentación de proposicións, no concello.

Modelo de proposición: o que fai mención no prego de condicións, o cal será facilitado neste concello.

Vilaboa, 8 de maio de 1995.

0 alcalde

Rubricado