Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento de urxencia, co obxecto de concerta-lo servicio de transporte sanitario urxente na provincia da Coruña.

Obxecto e orzamento: a prestación do transporte: sanitario urxente, cun orzamento indeterminado, nas e seguintes zonas da provincia da Coruña:

-Arzúa, O Pino, Touro e Boimorto con base recomendada en Arzúa.

-Betanzos, Miño, Vilarmaior, Paderne, Irixoa, Coirós, Oza dos Ríos, Abegondo e Cesuras con base recomendada en Betanzos.

-Cee, Fisterra, Corcubión, Dumbría e O Ézaro-O Pindo (Carnota) con base recomendada en Cee.

-Cerceda, Tordoia e Trazo con base recomendada en Cerceda (A Silva).

-Curtis, Aranga, Vilasantar e Sobrado con base recomendada en Curtis (Teixeiro).

-Melide, Santiso e Toques con base recomendada en Melide.

-Negreira, Santa Comba, Val do Dubra, Ames (excepto o Milladoiro), A Baña e Brión con base recomendada en Negreira.

-Ordes, Mesía, Frades e Oroso con base recomendada en Ordes.

-Ortigueira, Cariño e Mañón con base recomendada en Ortigueira.

-Outes, Mazaricos, Carnota (excepto O Ézaro-O Pindo), Muros, Noia e Lousame con base recomendada en Outes.

-Padrón, Rois, Dodro, Valga e Pontecesures con base recomendada en Padrón.

-As Pontes, Somozas e A Capela con base recomendada nas Pontes.

-Pontedeume, Ares, Mugardos, Cabanas e Monfero con base recomendada en Pontedeume.

-Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo con base recomendada en Ribeira.

-Valdoviño, Cedeira, Cerdido e Moeche con base recomendada en Valdoviño.

-Vimianzo, Camariñas e Muxía, con base recomendada en Vimianzo.

Prazo de execución: o concerto terá vixencia de un ano dende a data da sinatura e poderá ser prorrogado tacitamente por períodos anuais ata un máximo de 4 anos, segundo se establece no punto 13 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 2-2 en Santiago de Compostela, en días laborables dende as 9 ata as 14 horas.

Fianza provisional: o importe da fianza provisional é de 100.000 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou, persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta dos adxudicatarios dos contratos por partes iguais.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos