Obxecto e orzamento: a prestación do transporte sanitario urxente, cun orzamento indeterminado, nas seguintes zonas da provincia de Lugo:
-Navia de Suarna, con base recomendada en Navia de Suarna.
Prazo de execución: o concerto terá vixencia de un ano dende a data da sinatura e poderá ser prorrogado tacitamente por períodos anuais ata un máximo de 4 anos, segundo se establece no punto 13 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, en días laborables dende as 9 ata as 14 horas.
Fianza provisional: o importe da fianza provisional é de 100.000 ptas.
Clasificación: non se esixe.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.
Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do undécimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta dos adxudicatarios dos contratos por partes iguais.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos