Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 26 de outubro de 1994, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se anuncia nova fase de comunicacións no procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte integrado polas parcelas denominadas Acibeiro, Aspirón, Barnotes, Costiña, Pías e Ribazas, como pertencentes ós veciños de Casal de Bispo, Domés, Sa, Nogueira e Outeiro, na parroquia de Domés (Verea-Ourense).

Na sesión celebrada o 25 de xaneiro de 1994, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, acordou inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte integrado polas parcelas denominadas Acibeiro, Aspirón, Barnotes, Costiña, Pías e Ribazas como pertencente ós veciños de Casal de Bispo, Domés, Sa, Nogueira e Outeiro, na parroquia de Domés (Verea-Ourense).

Como queira que durante a tramitación do expediente se puxo de manifesto que a parcela denominada Acibeiro está enclavada no termo municipal de Celanova e que as parcelas denominadas Aspirón e Costiña se atopan nos termos municipais de Celanova e Verea, e dado que nun principio se acordara a tramitación do expediente referido unicamente a terreos situados no concello de Verea, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión e celebrada en data 26 de outubro de 1994, retrotrae-la instrucción do expediente ata a fase prevista no artigo 21 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, no que se refire a estas parcelas.

Ourense, 26 de outubro de 1994.

José Manuel Baltar Blanco

Instructor