Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 27 abril de 1995 pola que se convoca concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da Terra Cha (Lugo).

De conformidade co establecido no Decreto 118/1973, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o texto da Lei de reforma e desenvolvemento agrario, sobre a adxudicación de explotacións agraias, procedese a convoca-lo correspondente concurso para a provisión dos lotes nº 14 e nº 28, no sector III-Matodoso, da zona regable da Terra Cha, provincia de Lugo, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude dos reais decretos 2423/1982, do 24 de xullo e 1124/1985, do 30 de abril. Na súa consecuencia:

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Convócase concurso público para a selección de adxudicatarios dos lotes nº 14 e nº 28, no, sector III-Matodoso, da zona regable da Terra Cha, provincia de Lugo, coas características recollidas no anexo I da presente orde.

Artigo 2º.-Condicións mínimas para optar o concurso:

1. Ser agricultor/a e acreditalo mediante a presentación da cartilla da Seguridade Social Agraria,

cunha antigüedade mínima de seis meses, xustificando en todo caso a súa veciñanza mediante certificado expedido polo concello no que se resida, e non ser cultivador-propietario de máis de cinco hectáreas de terra. Esta circunstancia acreditarase mediante declaración xurada na que se constatará igualmente que durante os últimos seis anos se traballou polo menos, dous en explotacións agrarias.

2. Ser maior de 18 anos.

3. Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou de escolaridade.

Artigo 3º.-Condicións preferentes para a adxudicación:

a) Residir nos últimos dous anos nos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Xermade, Guitiriz, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, A Pastoriza, Pol, Rábade ou Vilalba. Dentro destes concellos terán preferencia aqueles agricultores que residan nas parroquias afectadas polas expropiacións.

b) Non pasar da idade de 50 anos, ser casado/a ou viúvo/a con fillos menores de idade ou non emancipados, dándoselles preferencia ós titulares de familia numerosa e en todo caso ó maior número de fillos ó seu cargo. Estas circunstancias acreditaranse mediante fotocopia do libro de familia ou certificado do rexistro correspondente.

c) Ter cultivado, persoal e ininterrompidamente durante os dous últimos anos algunha das parcelas obxecto do presente concurso. Neste caso, e sempre que se cumpran as demais condicións, non será demérito pasar dos 50 anos.

d) No caso de igualdade de condicións, a preferencia determinarase en proporción inversa á superficie que se veña cultivando por outros títulos. Cando esta explotación sexa en común, a participación individual de cadaquén para os efectos da concesión obterase dividindo a superficie total da explotación polo número de socios.

e) Ser agricultor/a a título principal e que a totalidade da renda procedente da explotación sexa igual ou superior ó 50% da renda total do titular da explotación e que o tempo do traballo dedicado a actividades non relacionadas coa agricultura sexa inferior á metade.

Artigo 4º.-Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de instancias será de sesenta días naturais a partir da publicación no DOG da orde da convocatoria.

As instancias, no modelo oficial que figura como anexo II desta orde, presentaranse nun só exemplar, acompañado dos documentos que acrediten o seu dereito, preferentemente nas oficinas da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, ou, de calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e deberán estar subscritas polos peticionarios.

Artigo 5º.-Selección de adxudicatarios:

Concluído o prazo de presentación de instancias, oídos os representantes dos agricultores da zona e os sindicatos agrarios, elevaranse, xunto coa documentación presentada e o informe da delegación provincial, á Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, a cal resolverá o concurso.

A lista de adxudicatarios provisionais publicarase no DOG e nos taboleiros de anuncios dos concellos antes citados.

No prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación da lista provisional de adxudicación, os adxudicatados deberán presentar nas oficinas da delegación provincial da consellería os documentos que acrediten o seu dereito e que non lle xuntasen á instancia dentro do prazo da súa presentación.

As reclamacións contra a adxudicación presentaranse a título individual perante a Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, ou de calquera das formas previstas

no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e elevaranse á Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural para a súa oportuna resolución. O prazo será de 15 días hábiles a partir da publicación da lista provisional de adxudicatarios.

Artigo 6º.-Publicidade:

Unha copia da orde de convocatoria e das súas bases permanecerá exposta ó público no taboleiro de anuncios da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo e nos concellos anteriormente citados. A delegación facilitaralles ós interesados canta información complementaria considere precisa.

Disposición derradeira

A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes