Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, Servicio de Consumo, pola que se comunica o estado do expediente número 15-027/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, (BOE do 27), notifícaselles as persoas que a continuación se relacionan as fases nas que se atopan os expedientes a eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infarccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Mercosa, S.A..

Expediente: 15-027-1995.

NIF: A-15040896.

Iniciación prazo: 10 días.

Os ditos interesados poderán dispoñer do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poidan examina-los expedientes, na Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, piso 2º, praza Luis Seoane, s/n, e presentar ante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto na citada Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 25 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña