Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de instalación para a gasificación do noroeste: redes en Pontevedra, promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e

resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de gasificación do noroeste: redes en Pontevedra, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da devandita Lei 10/1987.

-Peticionario.

Enagás, S.A., con domicilio en Avda. de América, no 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos concellos de Valga, Catoira, Pontecesures, Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Poio, Marín, 0 Porriño, Mos, Vigo, Nigrán e Tui.

-Obxecto da petición.

Autorización administrativa e aprobación do proxecto redes en Pontevedra.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

-Características das instalacións.

Cada unha das redes de distribución partirá do seguinte punto de gasoducto de transporte:

Da denominada posición I-020, situada no concello de Valga, partirá a rede de distribución Pontecesures-Catoira. A rede sae da ERM (I-020), situada no lugar coñecido como Forno, dirección NE ata cruza-la nova variante da C-550, bifurcándose en dúas redes illables cada unha delas por válvulas de seccionamento. A primeira toma dirección NNE, cara a Pontecesures e a segunda dirección NSW ata Catoira.

Da denominada posición I-022, situada no concello de Pontevedra, partirá a rede de distribución Pontevedra-Arcade. A rede sae da ERM (I-022), situada no lugar coñecido como As Retortas, seguindo dirección oeste ata o lugar coñecido como Os Xeixados, onde no vértice V-IIP-8 se bifurca en dúas redes, unha cara ó sur dirección Arcade e a outra cara ó oeste, dirección Pontevedra capital.

Da denominada posición I-024, situada no lugar da Quinta de Agrio, dentro do concello do Porriño, partirá a rede de distribución 0 Porriño-Vigo. Para a súa descrición, o trazado foi dividido nunha rede principal que desde a posición chega ata o SW de Vigo e en redes de derivación ó polígono das Gándaras, 0 Porriño, Salceda, Mos e SE de Vigo.

Da denominada posición 1-025, situada no concello de Tui, na marxe esquerda do río Louro ó sur do camiño a Guillarei, partirá a rede de distribución de Tui.

As conduccións serán de aceiro ó carbono, fabricadas cumprindo a especificación API 5L, con calidade do grao B e diámetros de 12" a 4", en función das condicións da explotación, dotadas de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica.

O caudal total é de Q=37.385 m (n)/h desagregado para cada rede da seguinte maneira:

Rede de Pontecesures-Catoira, 4.100 m (n)/h.

Rede de Pontevedra-Arcade, 6.255 m(n)/h.

Rede do Porriño-Vigo, 26.330 m (n)/ h.

Rede de Tui, 700 m (n)/h.

Na orixe de cada rede considerouse unha presión de 17 bar absolutos e calculouse unha presión mínima de chegada a cada punto de consumo superior a 7 bar absolutos.

A lonxitude total das redes é de 72.063 m, cunha lonxitude individual de:

Rede de Pontecesures-Catoira, 9.174 m.

Rede de Pontevedra-Arcade, 16.388 m.

Rede do Porriño-Vigo, 42.972 m.

Rede de Tui, 3.529 m.

-Concellos afectados.

Rede de Pontecesures-Catoira: Valga, Pontecesures e Catoira.

Rede de Pontevedra-Arcade: Pontevedra, Vilaboa e Soutomaior.

Rede do Porriño-Vigo: Mos, 0 Porriño e Vigo.

Rede de Tui: Tui.

-Orzamento.

1.226.468.428 ptas. (mil douscentos vinteseis millóns, catrocentas sesenta e oito mil catrocentas vinteoito pesetas).

-Afección a predios particulares.

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto e as súas instalacións auxiliares concrétase na seguinte forma:

Un.-Expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de largo, ó longo do gasoducto, por onde discorrerá enterrada 1 tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar calquera acto que poida danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación así como as obras superficiais ou subterráneas que cumpran para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo atranco, así como realiza-las obras, necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de un metro de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión e os elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquer tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de terreo de tres metros de largo (1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións), así como o dereito a tronzar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houber a distancia inferior á indicada.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo atranco, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e a montaxe das instalacións ou operacións precisas para os ditos fins.

Catro.-Para as liñas eléctricas:

a) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo dela, que implicará:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar ningún acto que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.

3. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación, concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, que se relacionan ó final deste anuncio, para que poida ser examinado o expediente na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e na Delegación Provincial de Pontevedra, rúa Nova de Abaixo, 2, podendo presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que se xulguen oportunas, no prazo de vinte días a partir do seguiente ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1995

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria