Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de alargamento e mellora da estrada C-646. Tramo: Cedeira-Campo do Hospital, clave: N/AC/89.1, termo municipal de Cedeira.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras a realizar con cargo ó programa 413-B: construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 22 de febreiro de 1995, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 85/1995, do 10 de marzo, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Cedeira para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

na Coruña, praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 24 de maio de 1995.

Antonio Femández Sarasquete

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse se o consideran necesario dos seus peritos e un notario.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia