Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.545

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (317/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo número 317/1994 por instancia do procurador José Paz Montero en representación de Caixa de Aforros Municipal de Vigo contra José Manuel Iglesias González e Eva Lourido Pérez sobre reclamación de cantidade, e nas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e previo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o vinte de xullo ás 11 horas, de conformidade coas seguintes condicións:

Primeira.-O tipo do remate será de 2.418.870 pesetas sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

Segunda.-Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, BBV conta número 1500-17-031794 o vinte por cento do tipo de remate.

Terceira.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

Cuarta.-Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

Quinta.-Os títulos de propiedade suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

Sexta.-As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día vinteún de setembro ás 11 horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo de remate, que será do 75% da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día dezanove de outubro ás 11 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto da poxa.

Casa sen número no lugar e parroquia de Vilariño, municipio de Teo, de planta baixa. Forma un só predio ou unidade territorial a sitio de Monte de Revolta que ocupa a superficie de catrocentos setenta e un metros e trinta e sete decímetros cadrados, da que lle corresponde á casa a de corenta e nove metros cadrados e linda: norte, herdeiros de Matías Iglesias; sur, a nova pista construída polo Servicio de Concentración Parcelaria; leste, viñedos de José María Cebeiro Sinde, e oeste, saída pertencente á escola de Vilariño. Inscrito no Rexistro da Propiedade no tomo 526, libro 169 de Teo, folio 32 volto, predio número 17.334, inscrición 4ª.

E para que sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes José Manuel Iglesias González e Eva Lourido Pérez, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o catro de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA