Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (309/1993).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo executivo nº 309/1993, notificaselles ós demandados Antonio Rodríguez Zamora e Olga Suárez López, a sentencia de remate dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva como segue:

«Visto por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido, os autos de xuízo executivo promovidos por Caixa de Aforros de Vigo como demandante e representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes sobre reclamación de cantidade.

Decido que desestimando a excepción da nulidade do xuízo executivo alegado pola demandada, debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador García Piccoli Atanes, en nome e representación da entidade Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo, mandando segui-la execución para diante ata facer trance e remate dos bens embargados, e os que en diante se poidan embargar á parte demandada, José Alfonso Vilas Castelao, María José Zarauza González, Antonio Rodríguez Zamora e Olga Suárez López e co seu producto facer completo e enteiro pagamento á actora da suma reclamada de principal por importe de 3.0090.937 pesetas,

máis xuros legais das ditas sumas coa imposición das custas causadas á parte demandada. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva, de notificación ós demandados Antonio Rodríguez Zamora e Olga Suárez López, declarados en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, que asino en Santiago de Compostela o vintecinco de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA