Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (372/1987).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fai público que por virtude do acordado en execución de sentencia firme recaída en xuízo de menor contía número 372/1987, seguido perante este xulgado por Josefina González Conde, contra José Ramón Rial Rial, Ramón Aurelio, Rogelio, Jesús, Avelino e Mercedes Rial Rial, Carmen Figueiras Herbón, veciños do municipio de Rianxo e contra outros sobre indivisibilidade de predio, sácase a pública poxa, por termo de vinte días e por primeira, segunda e terceira vez, se é o caso, o predio litixioso que se describirá, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Sala de audiencia deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza.

Segunda.-Días e horas: sinálase para a primeira poxa o día 5 de setembro; para a segunda, se é o caso, o 29 do mesmo mes, e para a terceira, se é o caso, para o 25 de outubro vindeiro, ás 12 horas todas elas.

Terceira.-Tipo: para a primeira poxa o tipo está fixado no prezo de taxación, 7.087.250 pesetas; para a segunda, con rebaixa do 25%; e para a terceira, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Consignacións: os licitadores consignarán na conta de depósitos deste xulgado, aberta co número 1583 na oficina principal do Banco Bilbao-Vizcaya desta praza, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo da primeira poxa, e das segunda e terceira; e desde o anuncio ata a celebración poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, acompañando os resgardos de ingreso da consignación mencionada.

Quinta.-Están de manifesto en secretaría os autos, cos documentos correspondentes e certificación negativa de inscrición rexistral; facéndose as prevencións das regras 8 e 13 do artigo 131 da Lei hipotecaria.

Predio obxecto de poxa.

Casa de planta baixa e alta, sen número, sita no lugar de Bacariza de Abaixo, parroquia de Isorna, municipio de Rianxo, partido e distrito hipotecario de Padrón, co seu curral, cadra e horta unidas, formando todo un conxunto que ocupa a extensión superficial de 977 metros cadrados con 82 decímetros cadrados, dos cales 120,75 metros cadrados corresponden á casa; 188,99 metros cadrados ó curral; 130,83 metros cadrados ás cortes, e 537,25 metros cadrados á horta. Estrema o conxunto: norte, leste e oeste, camiño, de Isorna a Bacariza de Abaixo; sur e parte de oeste, con estrada de Bexo e Rianxo e ponte Catoira, e casa e predio de María Rodríguez Calvo.

Dado en Santiago de Compostela o 20 de abril de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA