Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.544

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (162/1995-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo 162/1995, que se segue neste xulgado por instancia de Banco Español de Crédito, S.A., representado pola procuradora Goimil Martínez, contra José María Veloso Castaño e Ana Díaz Albo, por medio da presente cédula cítase de remate a Ana Díaz Albo, de quen se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días compareza en forma en autos e se opoña á execución se lle conviñese coa prevención de que de non o facer no prazo indicado será declarada en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen lle facer máis notificacións nin citacións que as que a lei determine. E, para que sirva de citación de remate a Ana Díez Albo, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado