Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.543

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (372/1994).

Elma Ojea Muñiz, secretaria en funcións no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Riberia, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de

proceso de familia, número 372/1994, sobre separación conxugal con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz en funcións no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, ten pronunciado a seguinte sentencia:

Na cidade de Ribeira o cinco de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos os presentes autos civís de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 372/1994, por instancia de Francisca Domínguez González, maior de idade, veciña da vila da Pobra do Caramiñal, con domicilio na rúa San Lázaro, 122, representada polo procurador Villar Trillo e baixo a dirección técnica do avogado Fabeiro Fabeiro, contra José Manuel Gago Riveiro, tamén maior de idade, actualmente con residencia nos Estados Unidos, pero descoñecéndose o seu paradoiro, non comparecido en autos e declarado en situación procesual de rebeldía, sobre separación matrimonial e pronuncio esta sentencia que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos xurídicos que seguen:

Decido que, estimando a demanda formulada pola representación de Francisca Domínguez González, contra José Manuel Gago Riveiro, debo acordar e acordo a separación matrimonial, dos expresados, con tódolos efectos legais e, en especial os seguintes:

1. A separación dos litigantes podendo sinalar libremente o seu domicilio.

2. Acórdase a disolución do réxime económico matrimonial e da sociedade de gananciais, liquidación que poderá levarse a cabo en execución de sentencia, se así o solicita algunha das partes; quedando suspendida a sociedade de gananciais ata que se produza a firmeza desta sentencia ou sexa liquidada voluntariamente polas partes.

3. Non se fai expreso pronunciamento en custas.

Comuníqueselles esta sentencia, unha vez firme, ás oficinas do Rexistro Civil no que conste a inscrición do matrimonio dos suxeitos do preito.

Pola rebeldía do demandado José Manuel Gago Riveiro, notifíquese a presente resolución no xeito prevido no artigo 769 da Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito ante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, José Manuel Gago Riveiro, expido e asino a presente cédula en Ribeira o cinco de de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA