Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de marzo de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (número PO-01038-I-94 e dez máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas pola xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 29 de marzo de 1995.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de

Pontevedra