Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Ourense de Transportes, S.A., de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Ourense de Transportes, S.A. (código nº 3200622), de Ourense para o ano 1995, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 21 de abril deste ano, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité da mesma, en xuntanza celebrada o día 1 de marzo de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90,-2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos

traballadores, Real decreto, 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (desta deleagión).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 25 de abril de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo da empresa Ourense de Transportes, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Ourense de Transportes, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, se ben os efectos económicos se aplicarán a partir do 1º de xaneiro de 1995. En canto á duración será de un ano, desde o 1-1-1995 ó 31-12-1995, prorrogándose pola tácita, tanto o texto do citado convenio como as súas táboas salariais, de ano en ano ata que algunha das partes o denuncie con tres meses de antelación, como mínimo, ó termo da súa vixencia. Tódalas cláusulas deste convenio son normativas, co que seguirán vixentes ata que se asine outro que o substitúa.

Artigo 3º.-Comisión paritaria.

Crearase unha comisión paritaria como órgano interpretativo para a vixilancia e cumprimento do convido, integrada polos membros da comisión negociadora do presente convenio. As reunións desta comisión celebraranse sempre con asistencia de dous membros de cada unha das representacións que a compoñen, e para reunirse será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esa solicitude e a reunión mediará un prazo de 72 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría das dúas partes. As discrepancias reflectiranse na acta. En caso de non haber acordo farase unha acta que reflicta as diferencias. A parte económica resolverá o que coide conveniente no prazo de oito días e notificarallo á

representación social, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a autoridade laboral.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas. Dentro das condicións pactadas respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás convidas, manténdose «ad personam» en canto excedan das pactadas.

Artigo 5º.-Organización de traballo.

A organización técnica e práctica do traballo corresponderalle á empresa dentro das normas e orientacións da ordenanza das disposicións legais vixentes.

Non poderá adoptarse ningún sistema de traballo que poida prexudica-la formación profesional e técnica do persoal, antes ben, este ten o deber a empresa facilitaralle o medio conducente a iso, de completar e perfecciona-los seus coñecementos coa práctica diana e non esquecéndose de que a eficacia e o rendemento do persoal e en definitiva a prosperidade mesma da satisfacción que nace non só da retribución decorosa e xusta senón que as relacións de traballo e en especial as que sexan consecuencia do exercicio da liberdade que se recoñece nas empresas, estean asentadas nos principios de xustiza.

Artigo 6º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados e de tres meses para os demais traballadores, agás para os non cualificados, no caso dos cales a duración máxima será de quince días laborales.

O empresario e o traballador están respectivamente obrigados a realiza-las experiencias que constitúan o obxecto da proba. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, agás os derivados da resolución da relación laboral, que se poderá producir por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa. A situación de incapacidade laboral transitoria que afecte o traballador durante o período de proba interrompe o cómputo do mesmo.

Artigo 7º.-Ascensos.

Haberá que aterse ó disposto no artigo 29 da ordenanza laboral de transporte por estrada.

Artigo 8º.-Traballos de categoría superior.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que lle correspondan á categoría profesional que teña recoñecida por un período superior

a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos consolidará a devandita categoría.

Cando se desempeñen funcións de categoría superior, pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de corenta horas semanais. Tendo en conta as peculiaridades deste sector e unicamente coa intención de interpretar e coñece-las normas de aplicación, ámbalas partes conveñen en expoñe-las conclusións seguintes:

a) Considérase traballo efectivo, o traballo de conducción e tempo de presencia: as esperas, expectativas de servicio, servicios de garda, viaxes sen conducción para a toma de servicio, avarías, comidas en ruta e outros similares.

b) O tempo de espera en localidades que non sexan principio e fin de traxecto a cargo do vehículo computarase na súa metade coas seguintes consideracións:

1. Se a espera e en localidade principio e fin de traxecto, consideraranse como tempo de presencia na súa totalidade.

2. Se o traballador ten que estar pendente do vehículo, considerarase como tempo de presencia na súa totalidade.

c) Cando se fale de traballo efectivo, deberá terse en conta:

1. Non se poderá conducir máis de catro horas seguidas sen descansar, agás, que se chegue ó punto de destino conducindo media hora máis.

2. Non se poderá conducir máis de nove horas diarias.

d) Sobre a duración máxima da xornada, poderán engadirse 20 horas máis á semana de tempo de presencia, como máximo, as cales non se computarán para o tope máximo das horas extraordinarias. As ditas horas de presencia, realizadas por encima da xornada efectiva semanal, deberán ser aboadas como mínimo o prezo da hora ordinaria, é dicir, que se un traballador despois de realizar 40 horas de traballo efectivo realiza 20 máis de tempo de presencia á semana, deberá cobrar ademais do salario mensual que ten establecido, as horas de presencia que excedan da dita xornada, ó prezo, cada unha, de unha hora normal.

No referente ó descanso entre xornadas, haberá que aterse ó disposto na normativa vixente sobre estas materias.

As empresas disporán dunha libreta de control que será utilizada fundamentalmente e sempre que sexa requirida polo traballador, no momento en que varíe o servicio que habitualmente se vén realizando pola empresa, a cal será selada por esta no prazo máximo de tres días desde a entrega dunha copia por parte do traballador, en todo caso con anterioridade á confección da súa correspondente nómina.

No non previsto neste último parágrafo, haberá que aterse ó disposto no Real decreto 1270/1984.

Artigo 10º.-Permiso de conducir.

Os conductores ós que como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta dela, se lle retire o permiso de conducir por tempo non superior a seis meses, serán destinados, durante este tempo, a outro traballo aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún, dos servicios de que dispoña a empresa e seguirán percibindo o salario correspondente á súa categoría.

O disposto no presente artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os conductores que se visen privados do permiso de conducir a consecuencia do consumo de drogas ou a inxestión de bebidas alcohólicas.

No caso de que un empregado sufra prisión por causas de accidente involuntario no servicio da empresa esta estará obrigada a defendelo perante os tribunais e a xestiona-la súa liberdade prestando a fianza que para iso fose necesaria.

Será voluntario por parte da empresa o pagamento das retribucións ós empregados que non poidan traballar no caso expresado no artigo anterior pero, unha vez dictado auto de sebresemento ou sentencia absolutoria, seranlles aboados tódolos seus atrasos a teor do salario máis antigüidade.

Artigo 11º.-Recibos de finiquito.

Todo traballador ó cesar na empresa poderá somete-lo recibo de finiquito ou documento que poña fin a relación laboral, antes de asinalo, á supervisión do comité de empresa ou delegado de persoal e no seu defecto á do sindicato ó que estea afiliado.

Artigo 12º.-Formación profesional.

As partes asinantes coinciden que unha das causas da deficiente situación do mercado de traballo deriva do afastamento da formación profesional respecto das necesidades auténticas de man de obra, e da carencia da formación ocupacional continua para a actualización e adaptación dos traballadores activos ás novas características das tarefas na empresa.

A formación profesional, en tódalas modalidades (inicial ou continua) e niveis, debe ser considerada como un instrumento máis de significativa validez, que coadxuve a logra-la necesaria conexión entre as cualidades dos traballadores e os requirimentos do mercado de traballo (emprego). E nunha perspectiva máis ampla, ser un elemento dinamizador que acompaña o desenvolvemento industrial a longo prazo, permite a elaboración de productos de maior calidade que favorezan a competitividade das nosas empresas españolas non ámbito internacional; e faga posible a promoción social integral do traballador, promovendo a diversificación e afondamento dos seus coñecementos e habilidades de modo permanente.

Para estes efectos, as partes asinantes cren conveniente:

-Realizar, por si ou por medio de entidades especializadas, estudios de carácter prospectivo respecto

das cualificacións futuras e necesarias de man de obra do sector.

-Desenvolver e promove-la aplicación efectiva do artigo 27 do Estatuto dos traballadores, así como dos convenios internacionais subscritos por España, referentes ó dereito á formación continua, facilitando o tempo necesario para a formación.

-Promover e executar accións formativas nas súas diversas modalidades e niveis, xa sexan con programas que poidan impartirse nos centros de formación de empresa, ou os que no futuro puidesen constituírse, como a través dos programas nacionais ou internacionais desenvolvidos por organismos competentes.

-Colaborar, segundo as, propias posibilidades, mediante entidades especializadas, no diagnóstico e deseño de programas puntuais de formación nas empresas, tendo en conta as especificacións e necesidades concretas, así como as características xenéricas ou individuais dos traballadores afectados.

-Coordinar e segui-lo desenvolvemento de formacións en prácticas dos alumnos que sexan recibidos polas empresas, no marco dos acordos asinados a nivel sectorial por empresas.

-Avaliar de maneira continuada tódalas accións emprendidas, co fin de revisa-las orientacións, promover novas actividades e actualiza-la definición dos obxectivos da formación profesional.

-Nesta perspectiva, as partes asinantes do presente convenio consideran conveniente que as empresas desenvolvan neste sentido procesos formativos (diagnósticos, programación, cursos, avaliación), podéndose constituír en empresas de máis de 250 traballadores, comisións paritarias de estudio, que terían como obxectivos a avaliación e información sobre o proceso formativo da empresa.

Artigo 13º.-Pagamento de salarios.

A liquidación e pagamento do salario farase puntual e documentalmente no lugar e data convido ou como marquen os usos e costumes. O período de tempo non poderá exceder de 15 días.

O xuro anual por mora no pagamento do salario será do dez por cento do que se debe.

Artigo 14º.-Salario base.

O salario base que lle corresponde ó persoal afectado polo presente convenio aboarase por día natural, na contía recollida no anexo que se xunta.

Artigo 15º.-Paga de beneficios.

Tódolos traballadores da empresa, tanto fixos como eventuais ou interinos, terán dereito ó percibo dunha cantidade consistente en trinta días de salario base máis antigüidade. A paga de beneficios aboarase por anos vencidos, antes do quince de marzo. Os traballadores que no trinta e un de decembro leven menos de un ano ó servicio da empresa terán dereito á parte proporcional correspondente ó tempo traballado, computándose este sempre en días naturais. Unicamente non se computarán para efectos de par

ticipación en beneficios as excedencias voluntarias, permisos sen soldo e ausencias inxustificadas. A devandita paga poderá ser aboada de forma proporcional ó longo das distintas nóminas mensuais.

Artigo 16º.-Plus de conductor perceptor.

O conductor perceptor cando desempeña simultanemnente as funcións de conductor-cobrador percibirá un complemento salarial do vinte por cento do salario base, se e o caso, por cada día que realice ámbalas funcións.

Artigo 17º.-Complemento de antigüidade.

Os traballadores fixos desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico polo tempo de servicios prestados á mesma empresa, consistente como máximo en dous bienios e cinco quinquenios da contía que despois se expresa. O módulo para o cálculo e aboamento do complemento persoal de antigüidade será o último salario base percibido polo traballador, servindo o dito módulo non só para o cálculo dos bienios e quinquenios de novo vencemento, senón tamén para o dos xa perfeccionados. As contías do complemento persoal de antigüidade serán do cinco por cento para os dous primeiros bienios e do 10% para quinquenio a partir do segundo.

A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa. Para o cómputo da antigüidade terase en conta todo o tempo servido nunha mesma empresa, considerándose como efectivamente traballados os meses e días nos que percibise un salario ou remuneración, ben sexa polos servicios prestados ou en vacacións, licencias retribuídas e cando reciba unha prestación económica por accidente de traballo ou enfermidade. Así mesmo, será computable o tempo de excedencia forzosa por nomeamento para un cargo político ou sindical así como no caso de prestación do servicio militar. Polo contrario, non se terá en conta o tempo que permanecese en excedencia voluntaria.

Computaranse estes aumentos en razón dos anos de servicio na empresa calquera que sexa o grupo profesional ou categoría na que se encontre encadrado e teranse en conta, así mesmo, os servicios prestados en período de proba e polo persoal interino, eventual ou complementario, cando estes pasen a ocupar praza no cadro de persoal fixo.

Os aumentos por ano de servicio comezarán a devengarse a partir do primeiro do mes seguinte en que se cumpra o bienio ou quinquenio. O traballador que cese definitivamente na empresa e posteriormente ingrese de novo nela só terá dereito a que se lle compute antigüidade desde a data deste novo ingreso, perdendo tódolos dereitos de antigüidade anteriormente obtidos. Para o máximo de bienios e quinquenios que establece este artigo terase en conta os xa producidos con anterioridade á vixencia da ordenanza aprobada por Orde do 20 de marzo de 1971.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Haberá que atersé á normativa vixente en cada momento, sobre réxime de horas extraordinarias no sector do transporte.

Artigo 19º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e decembro aboaranse na contía de trinta días de salario base máis antigüidade.

Artigo 20º.-Traballos de categoría inferior.

Se por conveniencia da empresa se destina a un productor a traballos de inferior categoría a aquela na que está adscrito, sen que neso prexudique a formación profesional, única forma admisible en que poida efectuarse, o productor conservará o xornal correspondente á súa categoría.

Artigo 21º.-Persoal con capacidade diminuída.

A empresa deberá recoloca-lo persoal que vise diminuída a súa capacidade pola idade ou por outras circunstancias antes da súa xubilación ou retiro, destinándose a outros traballos adecuados ás súas condicións, sempre que haxa praza vacante. O persoal acollido a esta situación non excederá do cinco por cento do total da categoría respectiva.

Artigo 22º.-Compensación en caso de baixa por accidente ou enfermidade.

A empresa complementará a diferencia entre a compensación percibida con cargo á Seguridade Social por incapacidade laboral transitoria e o salado real deste convenio, cando, aquela estea motivada por accidente de traballo con hospitalización. En caso de non se producir hospitalización o complemento citado aboarase ata un máximo de 45 días.

En caso de baixa por enfermidade, a empresa completará ata o 100% do salario desde o día 16 ata o 60 como máximo, ambos incluídos.

Cando a xuízo da empresa existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade na situación de baixa por accidente ou enfermidade común, poderá requiri-lo traballador para que se someta ó recoñecemento do facultativo que a empresa designe, e será por conta desta os gastos que se orixine por tal motivo.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

A empresa está obrigada. a lle facilitar ó seu persoal roupa de traballo de acordo coas normas establecidas na ordenanza laboral de transportes por estrada.

Por acordo entre o comité de empresa e a dirección do centro de traballo poderase substituí-la roupa de traballo por unha axuda económica mensual acordada por ámbalas partes.

Artigo 24º.-Vacacións.

Todo o persoal ó servicio da empresa afectada polo presente convenio desfrutará dun periodo de vacacións anuais de trinta días naturais, retribuídas a razón de salario base máis antigüidade e plus de actividade.

Neste caso o plus de actividade será aboado por 25 días.

O período do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. A falta de acordo, seguiranse os criterios seguintes:

-O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

-Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderanse fixa-los periodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa coa suspensión total da actividade laboral, sen máis excepcións cás tarefas de conservación, reparación e similares.

-Cando exista un réxime de quendas de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

-Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e a súa decisión será irrecorrible. O procedemento será sumario e preferente.

O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute e o calendario, será fixado na empresa no taboleiro de anuncios, para coñecemento de todo o persoal.

Artigo 25º.-Axudas de custos.

Os gastos ocasionados pola propia natureza do traballo como son as axudas de custo e o aloxamento serán aboados pola empresa na súa totalidade, logo de xustificación deles.

Artigo 26º.-Plus de actividade.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá un plus de actividade, a contía do cal vén fixada no anexo que se xunta.

Artigo 27º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas entre as doce da noite e as seis da mañá levarán un recargo do 25 por cento do salario base. Exclúese do cobro do mencionado suplemento o persoal que realiza a súa función durante a noite e que fose contratado expresamente para traballar durante ela, ou que sen ter sido contratado, así, voluntariamente o traballador e a empresa o acepten.

Artigo 28º.-Permisos e licencias.

Concederanse de acordo co establecido nas lexislacións vixentes a excepción de:

a) 15 días naturais, en caso de matrimonio.

b) 2 días, en caso de nacemento de fillos ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto superior a 100 km, o prazo será de 4 días.

c) 1 día, por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado haberá que aterse ó que esta dispoña en canto a duración da ausencia e á súa compensación económica.

e) As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderá dividir en dúas fraccións de media hora. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora, coa mesma finalidade.

f) Os que teñan por razón de garda legal ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída terá dereito a unha reducción da xornada de traballo entre un tercio e un máximo da metade da duración daquela, coa diminución proporcional do salario.

Artigo 29º.-Dereitos sindicais.

A empresa poderá deducir a través da nómina as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais. Os interesados deberán solicitarllo por escrito á dirección da empresa. Os importes retidos seranlles entregados ás persoas ou entidade que designe a central sindical correspondente.

Artigo 30º.-Garantías sindicais.

Ningún membro do comité de empresa poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por renovación ou demisión e sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outra causa deberá tramitarse expediente contradictorio, no que será oído, á parte do interesado, o comité de empresa.

Non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

Poderá exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa, en materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, exercendo tales tarefas coa norma legal vixente para o efecto.

Disporá do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Sen excede-lo máximo legal, poderán ser utilizadas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité, co fin de prove-la asistencia deles a cursos de formación organizados polos seus sindicatos.

Artigo 31º.-Excedencias

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto

vixencia, concederase pola designación ou elección para o cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido cada vez por un traballador se transcorreran catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia voluntaria non supenor a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contados a partir da data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán paso a un novo período de excedencia, que, se é o caso, porán fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu pase asituación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. O traballador excedente só conserva un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

6. Quedan excluídos os traballadores contratados eventuais con contrato igual ou inferior a dous anos.

Artigo 32º.-Quebranto de moeda.

Establécese polo quebranto de moeda unha cantidade que vén recollida na táboa anexa correspondente ós conceptos salariais.