Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.539

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia das revisións dos convenios colectivos de ámbito provincial para os sectores de edificación e obras públicas e materiais e prefabricados para a construcción.

Visto o texto do acordo asinado o día 29 de marzo de 1995, pola comisión paritaria dos convenios colectivos para os sectores de edificación e obras públicas e materiais e prefabricados para a construcción, (códigos 2700255 e 2700395), da provincia de Lugo, integrada polas representacións da Asociación Provincial de Empresarios de Construcción e das centrais sindicais UGT, CC.OO. e USO, mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 1995, no ámbito dos referidos convenios, así como a revisión salarial por aplicación da cláusula de garantía, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios colectivos desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 27 de abril de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes.

-Representación sindical:

Humberto Paz Rodríguez, UGT.

Adolfo Mosteirín Turia, UGT.

Ánxel Barreiro Pérrez, CC.OO.

Mª Carmen Arias Río, USO.

-Representación sindical:

Hipólito Trinidad Losada.

José Juan Meijide Castro.

Antonio Rodríguez Suárez.

Juan Manuel González Zaera.

Rafael Díaz Iglesias (asesor).

-Secretario:

Ricardo Castro López.

Na cidade de Lugo, sendo as 18 horas do día 29-3-1995, reúnense na sala de xuntas da sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, os representantes das centrais sin

dicais UGT, CC.OO. e USO e da Asocaición Provincial de Empresarios, da Construcción que se sinalan, como membros da comisión mixta paritaria dos convenios de edificación e obras públicas, materiais e prefabricados de construcción, co obxecto de trataren a seguinte:

Orde do día:

Única.-Fixación do calendario laboral dos convenios de edificación e obras públicas e materiais e prefabricados de construcción para o ano 1995, e revisión salarial por aplicación da cláusula de garantía.

Aberto o acto, e logo de breve deliberación acordan:

1. Aproba-lo calendario laboral para os convenios referidos correspondente ó ano 1995, que se fixa en documento adxunto. Así mesmo acórdase aproba-lo aboamento das cantidades que se especifican no anexo adxunto, por aplicación da cláusula de garantía salarial para o ano 1994, que se farán efectivas nunha soa paga dentro dos dous meses seguintes ó da súa publicación, e a táboa de retribucións anexa servirá de base para aplica-lo incremento que se negocie para 1995.

En proba de conformidade co exposto asinan este documento e anexo no lugar e datas indicados no encabezamento.