Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 18 de maio de 1995 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundación de Interese Galego da fundación Casa Museo A Solaina de Piloño.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fundación Casa Museo a Solaina de Piloño.

Supostos de feito:

1. O 10 de abril de 1995 solicitouse o recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interse Galego da fundación Casa Museo A Solaina de Piloño por medio de escrito presentado por Francisco Lareo Morao.

2. A fundación constituíse en escritura pública, outorgada en Lalín o día 6 de abril de 1995 perante o notario do Colexio da Coruña Victorino Gutiérrez Aller, co número cincocentos trece do seu protocolo, por Francisco Lareo Morao, Armindo Salgueiro Pájaro, Carmen Lareo Morao, Damián-Salvador Payo Cangado, Javier-Carlos Vázquez Parcero, Manuel Núñez Fiúza, José Vispo Montero, en nome propio, e por Manuel Montero Varela como presidente da asociación de veciños Santa María de Piloño.

3. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como cultural da fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do, 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel á Consellería de Cultura.

4. Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de abril de 1995 (DOG do 9 de maio) clasificouse como cultural a fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, tendo en conta

o disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

5. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é promover e divulga-la cultura galega nos seus máis diversos aspectos en tódalas facetas da cultura universal que incidan no patrimonio cultural de Galicia.

6. Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na restante documentación que figura no expediente constan, entre outros, os seguintes puntos: acreditación a personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación da fundación como Casa Museo A Solaina de Piloño, capacidade xurídica, domicilio e obxecto.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

Presidente: Francisco Lareo Morao.

Vicepresidente: Armindo Salgueiro Pájaro.

Secretaria: Carmen Lareo Morao.

Vocais: Damián-Salvador Payo Cangado, Javier-Carlos Vázquez Parcero, Manuel Núñez Fiúza, José Vispo Montero, Manuel Montero Varela.

Fundamentos de dereito:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta comunidade competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como o artigo 1 do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

3. Ó amparo do diposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da findalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

4. A Lei 11/1991 do 8 de novembro, dá lle nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data da finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e de xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior,

que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data do peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

5. Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interse galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións da sección de fundacións da Consellería de Cultura segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11. 1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2. 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a fundación Casa Museo A Solaina de Piloño.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección de fundacións da Consellería de Cultura.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A devandita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obrigación de lles da-la publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura