Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.532

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de abril de 1995 pola que se lle concede autorización definitiva para unha unidade de educación especial ó centro privado Santa Vedruna de Vigo (Pontevedra), do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Santa Vedruna de Vigo (Pontevedra) en solicitude de autorización definitiva para unha unidade de educación especial no dito centro.

Resultando que o expediente ffoi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección Técnica de Educación Básica, pola Unidade Técnica de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Resultando que o centro obtivo a clasificación definitiva para imparti-las ensinanzas de EXB por Orde do 26 de agosto de 1974.

Resultando que a unidade de educación especial que se solicita ten como finalidade a atención, mediante o tratamento educativo adecuado, dos alumnos con necesidades educativas especiais para a súa plena incorporación á vida escolar e social e non se fai necesaria a súa escolarización en centros específicos de educación especial.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16) a Orde do 9 de agosto de 1985 (DOG do 3 de setembro), a orde ministerial do 3 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia, esta consellería,

DISPÓN:

Autorizarlle ó centro privado de Santa Vedruna de Vigo (Pontevedra) a creación dunha unidade de educación especial.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Matamá.

Enderezo: Igrexa, s/n.

Denominación: Santa Vedruna.

Titular: HH. Carmelitas Bispado de Tui-Vigo.

Nivel: educación especial.

Unidades que se autorizan: 1 psíquicos.