Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.532

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo nº 02/0004789/1995, interposto polo avogado do Estado.

Ponse en xeral coñecemento que, con esta data, remítese ó presidente da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado pola citada sala en relación co recurso contencioso-administrativo nº 02/0004789/1995, interposto polo avogado do Estado contra o acordo da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia do 23-2-1995 (DOG do 7-3), sobre concurso de subministración de tres equipos reemisores de TV e 75 microrreemisores rurais para a TVG, co fin de que poidan comparecer ante o devandito tribunal e constituírse en parte nos mencionados autos no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-ad

ministrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, de medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1995.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública