Ponse en xeral coñecemento que, con esta data, remítese ó presidente da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado pola citada sala en relación co recurso contencioso-administrativo nº 02/0004353/1995, interposto polo avogado do Estado contra o acordo da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2-12-1994 (DOG do 30-12), sobre aprobación, adxudicación, subministración e instalación do equipamento para o centro de radiocomunicacións de Couce Penido e outros, co fin de que poidan comparecer ante o devandito tribunal e constituírse en parte nos mencionados autos no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, de medidas urxentes de reforma procesual.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1995.
Pablo Figueroa Dorrego
Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública