Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.520

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (66/1995).

En virtude do acordado en providencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, con esta data, no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria número 66/1995, seguidos por instancia do Banco Central hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra Arturo Franco Vieites e María Mercedes Carrillo García, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a pública poxa, por primeira vez, os seguintes predios:

Un.-Predio número 1.232-2, terreo dedicado a labrantío no sito de Chouselas, que estrema: norte, Venancio José Carneiro Cajaraville (1.237) e Aurora Bascoy García (1.288); sur, camiño; leste, Jesús García Campos (1.229) e Purificación Nogueira Vázquez (1.231); e oeste, Manuel Carrillo Olveira (1.232-1). Ten unha extensión superficial de sesenta e dúas áreas e vinte centiáreas.

Inscrición: tomo 470, libro 140, folio 23, predio 14.328.

Dous.-Predio número 1.232-1, terreo dedicado a prado e labrantío no sitio de Chouselas, que estrema: norte, Venancio José Carneiro Cajaraville (1.237); sur, camiño; leste, Manuel Canillo Olveiran (1.232-2); e oeste, Lino García Ferreiro (1.233). Ten unha extensión superficial de sesenta e nove áreas e cincuenta centiáreas.

Inscrición: tomo 470, libro 140, folio 21, predio 14.327.

Tres.-Predio número 1.217, terreo dedicado a labrantío no sitio de Guldrís, que estrema: norte e leste, camiño; sur, camiño e terreo excluído; e oeste, lavadoiro público e camiño. Ten unha extensión superficial de vinteunha áreas e trinta centiáreas. Indivisible.

Inscrición: tomo 469, libro 139, folio 239, predio 14.311.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día catorce de xullo ás dez horas, prevíndose os licitadores de que:

Primeiro.-O tipo de poxa é, para a descrita no número un, predio rexistral 14.328; de dous millóns setecentas trinta mil seiscentas pesetas; para a descrita co número dous, predio rexistral 14.327, de tres millóns cincocentas corenta e dúas mil catrocentas pesetas; para a descrita co número tres, predio rexistral 14.311, de un millón cento sete mil pesetas.

Segundo.-Que para tomar parte na poxa, deberán consigna-los licitadores previamente na conta de consignacións deste xulgado o vinte por cento da devandita cantidade; sen este requisito non serán admitidos.

Terceiro.-Que os autos e as certificacións a que se refire a regra 4º do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación aportada.

Cuarto.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante, os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

De non haber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día catorce de setembro ás dez horas; para a que servirá de tipo o 75% da valoración, e celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día vintecinco de outubro ás dez horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA