Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.519

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (242/1990).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e do seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo declarativo de menor contía co número 242/1990, por instancia de Jesús García Andújar, representado polo procurador Barreiro Fernández contra a entidade mercantil Hergaran, S.L, en situación procesual de rebeldía, sobre liberación de fianza constituída, dictada o 1 de setembro de 1994 sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, un de setembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos deste partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía número 242/1990, sobre reclamación de fianza, promovido polo procurador Barreiro Fernández, en nome e representación de Jesús García Andújar, maior de idade, baixo a dirección letrada de Luis Paramo Sureda; como parte demandante a entidade mercantil Hergaran, S.L., declarada en rebeldía.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Barreiro Fernández, en nome e representación de Jesús García Andújar, debo condenar e condeno á entidade demandada Hergaran, S.L. a facer inmediata entrega ó demandante da documentación necesaria para proceder á venda da cabeza tractora, marca Volvo, modelo F 12 I, bastidor nº 51924, a cal terá que reuni-los requisitos esixidos pola entidade Cofile, S.A. para libera-lo demandante da fianza constituída; con expresa imposición de custas á parte demandada.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a presentar neste xulgado, nun prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada á parte demandada rebelde no modo e forma que perceptúan os artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil de non insta-la persoal dentro do quinto día, pronúncioo, mándoo e asínoo. Segue sinatura enteira da maxistrada».

Para que sirva de notificación ó demandado rebelde e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido este edicto, que é dado en Santiago de Compostela, vinteseis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA