Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.519

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (346/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade. Dou fe de que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia que ten o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«En Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia.

No xuízo de faltas número 346/1994, dimanante do procedemento seguido por lesións en agresión, internamento de José García Sedofeito no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Benito García Varela (denunciante), vecino de Fraiz, Villestro, Roxos, Santiago de Compostela; José García Sedofeito (denunciado), con domicilio na rúa República Arxentina, número 9-1º, Santiago de Compostela.

Resolvo que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións o denunciado José García Sedofeito, declarando de oficio as custas desta alzada.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a disposición das partes (o recurso forrnalizarase e tramitarase conforme os artigos 795 e 796, da Lei de axuizamento criminal) e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpoñer recurso de apelación, perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período, en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a José García Sedofeito, que se atopa en paradoiro descoñecido.

Expido e asino este testemuño en Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA