Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, do Grupo de Portos A Coruña Sur, pola que se sinala data para o levantamento de actas previas á ocupación e sométese a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de modificado urbanización xeral no porto de Muxía.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 27 de xaneiro de 1995 foi aprobado o proxecto das obras de modificado urbanización xeral no porto de Muxía.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia do día 31 de marzo de 1995, declárase urxente para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes

do seu regulamento a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse ós propietarios e titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación que se xunta, así como exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Muxía, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a valoración previa oportuna taxación, sen perxuízo do traslado ó lugar dos predios se se considera oportuno.

Lugar: Concello de Muxía.

Día: 30 de xuño de 1995, ás 11 horas.

O referido acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o coidasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo segundo da Lei de expropiación forzosa e no seu regulamento, ábrese información pública durante un prazo de quince días, ou en todo caso, ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito perante este Grupo de Portos A Coruña-Sur da Xunta de Galicia, sito na Avda. Alférez Provisional, 1-1º, A Coruña, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto, de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los bens afectados.

Relación de afectados pola expropiación.