Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.492

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 143/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra del Narahío, S.A., con enderezo en Vista Alegre-Doso-Narón, 15577 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Centro de distribución de enerxía eléctrica de Bouzarredonda (Neda), coas seguintes instalacións:

-Cela xeral da liña de Fervenza.

-Cela da liña da central hidroeléctrica.

-Cela da liña Cerdido-Moeche (Mina).

-Cela da liña de San Sadurniño.

-Cela da liña de Sedes.

Cada unha das celas equipadas con: un seccionador tripolar de 630 A e 24 kV, un interruptor trifásico automático de exafluoruro de 36 kV e 1.250 A.

-Cela do transformador de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 V.

-Cela de condensadores de 8.660 V e 200 Kvar.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismo ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 29 de marzo de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña