Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.491

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente número 52845 e tres máis).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Electra de Santa Comba, con enderezo na Avda. Antonio Tomé, 130, Santa Comba (A Coruña), para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

-Expediente número 52845. Rede de baixa tensión a 380/220 voltios dos lugares de Castro e Cerdeiras, de 402 e 389 m de lonxitude cada unha e saen dos CC.TT. de Montouto e Ventosa, en conductor R.Z. Concello de Santa Comba.

-Expediente número 52846. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 474 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3 (1x95 mm) Al, que sae do C.T. 3ª idade e remata no C.T. Breogán. Concello de Santa Comba.

-Expediente número 52847. C.T. Breogán de 250 kVA. Tipo interior a 15/20 kV B2 situado na rúa Breogán. Concello de Santa Comba.

-Expediente número 52848. Rede de baixa tensión a 380/220 voltios que sae do C.T. Santa Catalina de 375 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismo ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de marzo de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña