Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización da zona 8 do SU-7 do PXOU.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada con data 12 de maio de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de zona 8 do SU-7 do PXOU, por instancia de Alfonso Fernández Álvarez.

Anúnciase a exposición ó público do dito proxecto do Departamento de Xestión e Promoción Urbana, de conformidade co establecido no artigo 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido, da lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, polo prazo de quince días, contados a partir da última data de publicación oficial, co obxecto de que as persoas ou entidades

interesadas poidan formula-las alegacións ou reclamacións que se coiden pertinentes.

Ourense, 26 de maio de 1995.

Manuel Veiga Pombo

Alcalde