Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 21 de abril de 1995, aprobou definitivamente o estudio de detalle referido á rúa de unión entre a da Fraga e a dos Muíños (Fene) por instancia de Manuel Pérez Pérez.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e

requirirá a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado.

Tamén se poderá interpor calquera outro que se estime procedente.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño.

Fene, 27 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado