Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO.

Contratación por poxa das seguintes obras:

Título das obras: abastecemento e saneamento na Pobra de Trives. Saneamento e distribución augas na Pobra de Trives.

Códigos, programa, planos: 49 P.B./95, plano base. 129 POL/95, programa operativo local.

Orzamentos de contrata : 7.600.000 ptas.

11.800.000 ptas.

Total: 19.400.000 ptas.

Clasificación do contratista: E-1, categoría C.

Prazos de execución: tres meses.

Garantía provisional: 388.000 pesetas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Modelo de proposición: anexo I.

Prazo de presentación de propostas: 20 días hábiles.

Lugar: rexistro xeral da corporación.

Os proxectos poderán ser examinados no concello. Rexe o prego de condicións aprobado polo Pleno Municipal en sesión do 29 de maio de 1992, publicado no BOP nº 148, do 29 de xuño de 1992.

A Pobra de Trives, 5 de xuño de 1995.

O alcalde en funcións

Rubricado

ANEXO I

Modelo de proposición, segundo o prego de condicións

Don/Dona ........., con domicilio en .........., rúa........, nº ......., piso ........, con DNI nº ........., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, no seu propio nome ou en representación

de ..................., toma parte na contratación

das obras de ,

por importe de ................. pesetas, e fai constar:

A) Comprométese á execución das obras antes citadas no prezo de ............ pesetas (en letra e número), que significa unha baixa de ....... pesetas (en poxa), en relación co tipo de licitación, con suxeición ó proxecto técnico, anteproxecto ou orzamento (segundo proceda), prego de condicións económicas e prego xeral de condicións, documentos que declara coñecer, aceptando tódalas obrigas que se deriven delas.

B) Declara baixo a súa responsabilidade non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación en materia de contratación administrativa local.

C) Baixo a súa responsabilidade declara estar ó corrente nas súas obrigas tributarias, conforme o disposto no Real decreto 1462/1985, do 3 de xullo, e da Seguridade Social.

D) Achega, no sobre nº 1, os documentos esixidos no prego xeral de condicións.

A Pobra de Trives, ........ de ........ de 1995.

O/A licitador/a

Asdo.: