Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

EDICTO do 20 de febreiro de 1995 polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública do proxecto de plan especial de protección e reforma interior da zona antiga de Viveiro.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco, acordou resolve-las alegacións presentadas ó plan especial de protección e reforma interior a zona antiga de Viveiro e realizar unha nova exposición ó público do mencionado plan polo prazo dun mes.

O que se publica para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 116, apartado b), do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, podendo examinar tódolos interesados o dito expediente no Negociado de Obras e Urbanismo deste concello desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio neste diario, de 9 a 14 horas, e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

Viveiro, 20 de febreiro de 1995.

O alcalde

Rubricado

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.En Luis Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.

Na librería Egea, rúa Sol, 74.

EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.Na librería Colón, rúa Colón, 22.