Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia poxa con admisión previa para a contratación de obras (clave 52220057 e tres máis).

A Delegación de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra, anuncia a contratación mediante

poxa con admisión previa, polo procedemento de urxencia, das obras seguintes:

1. Título: rede de camiños de servicio e obras da zona de concentración parcelaria de Santa Comba-Belpellos (Agolada-Pontevedra).

Clave: 52220057.

Orzamento: 205.781.287 ptas.

Prazo de excución: 28 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta; definitiva (4%), 8.231.251 ptas.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

2. Título: rede de camiños de concentración parcelaria de Cornella (Agolada-Pontevedra).

Clave: 52220069.

Orzamento: 44.287.191 ptas.

Prazo de execución: 13 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta; definitiva (4%), 1.771.488 ptas.

Clasificación do contratista: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

3. Título: rede de camiños de concentración parcelaria de Agar-Ancorados (A Estrada-Pontevedra).

Clave: 52217076.

Orzamento: 179.866.119 ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta; definitiva (4%), 7.194.645 ptas.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

4. Título: rede de camiños de servicio e obras da zona de concentración parcelaria de Oroso (A Cañiza-Pontevedra).

Clave: 52209077.

Orzamento: 226.759.345 ptas.

Prazo de execución: 26 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta; definitiva (4%), 9.070.374 ptas.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación sitos na rúa Benito Corbal, 47 de Pontevedra.

-Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o

modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación, en man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal, 47 de Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación modificado polo Real decreto 2528/1986 no prazo de admisión, que rematará ás doce horas do décimo quinto día hábil, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás dez horas do décimo día hábil que non cadre en sábado, a partir do derradeiro día de presentación de proposicións nas oficinas desta delegación provincial.

-Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

-Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio correrá por conta dos respectivos adxudicatarios das mencionadas obras.

Pontevedra, 2 de xuño de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra