Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de proxecto e obra, a obra: pista polideportiva no centro Manuel Villar Parama en Outeiro de Vea-A Estrada (Pontevedra) e unha máis.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de proxecto e obra, as obras que se citan:

-Pista polideportiva no centro Manuel Villar Parama en Outeiro de Vea-A Estrada (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 30.000.000 de ptas. (trinta millóns de pesetas).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

-Pista polideportiva no instituto Xelmírez II de Santiago de Compostela (A Coruña).

Orzamento de licitación: 70.000.000 de ptas. (setenta millóns de pesetas).

Prazo de execución: 9 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

Exposición de proxectos: os proxectos e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións, Equipamento e Servicios Educativos, secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 15 de xuño de 1995 ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás pro

posicións por correo, será de aplicación o disposto na cláusula 8.1º do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2º, 8.3º, 8.4º e 8.5º do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, co fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións correspondente á obra da pista polideportiva no centro Manuel Villar Parama en Outeiro de Vea-A Estrada realizaraa a mesa de contratación o día 20 de xuño de 1995 ás 12 horas na sala de xuntas desta consellería.

A apertura da obra da pista polideportiva no instituto Xelmírez II de Santiago de Compostela realizaraa a mesa de contratación o día 20 de xuño de 1995 ás 12.30 horas na referida sala.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA

AGROALIMENTARIA