Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se convoca a contratación directa para a adquisición de material didáctico para o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Obxecto: adquisición de material didáctico de soldadura para o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Prazo de entrega: 30 días.

Orzamento: 3.365.000 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, sita na rúa dos Irmandiños-Salgueiriños en Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 134.000 pesetas.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sito nos edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. No caso de optar por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase antes da data e hora de finalización de presentación unha comunicación na forma de telegrama, télex ou fax, á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, indicando esta presentación, identificación, nome e enderezo da empresa licitante.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o décimo día hábil ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do terceiro día hábil contado a partir do da data de remate do prazo de presentación de proposicións, agás no caso de que coincidise en sábado ou festivo, no que se trasladaría ó inmediato día hábil seguinte, na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos edificios administrativos de San Caetano.

Os anuncios e demais gastos que orixine esta contratación directa serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación