Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.471

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (166/1985-05).

María Fe Meitín Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 166 de 1985, por instancia de José María Álvarez Seoane, representado pola procuradora Sánchez Silva, contra José Rodríguez Blanco, con domicilio en González de Villar, número 21, baixo, grupo Juan Canalejo, A Coruña, acordou a celebración de pública poxa, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa

con vinte días de antelación, dos bens que se dirán, coas seguintes condicións:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 6 de setembro do presente ano, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de tres millóns seiscentas mil pesetas (3.600.000 ptas.), fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 2 de outubro de 1995, ás 12 horas na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75 por 100 da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 26 de outubro de 1995, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspodente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20 por 100 do tipo para seren admitidos a licitación; calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0166/85, presentando o resgardo de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados encóntranse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción do prezo de remate.

7. Poderán facerse ofertas en prego cerrado e o remate poderá verificarse en calidade de llo ceder a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. En caso en que houbese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que lle corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10. Se o acredor o pedise ata o momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos

da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate outros postores e sempre pola orde delas.

11. En sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

Piso primeiro alto dereita, da casa número trinta da rúa Nosa Señora de Fátima, por onde ten a súa entrada e fachada principais, facendo esquina á rúa da Sagrada Familia. Encóntrase situado na primeira planta alta do edificio e destínase a vivenda. Ocupa unha superficie cuberta útil de cincuenta e dous metros oitenta e nove decímetros cadrados, séndolle inherente un dereito conxunto de copropiedade coas demais plantas do inmoble sobre o resto dos elementos do edificio adecuados para o uso e desfrute, que en total ocupan dezaoito metros e vintesete decímetros cadrados, dos que sete metros sesenta e dous decímetros cadrados forman o patio descuberto. Estrema, pola fronte, coa rúa Nosa Señora de Fátima; pola esquerda, entrando, coa rúa da Sagrada Familia; por detrás, coa casa de Pascual García Pérez e Benito Pérez Rodríguez; e, pola dereita, coa ala esquerda deste mesmo piso, canón de escaleira en medio. Cota: oito centésimas con trinta e tres centésimas doutra.

Título: compra a Pascual García Pérez e Benito Pérez Rodríguez polos esposos Ángel Rodríguez Parada e Pilar Blanco Ares, en escritura outorgada o 2 de marzo de 1964 ante o notario da Coruña, Rafael Pardo Argüelles, co número 603 de protocolo. E por falecemento de Ángel Rodríguez Parada pasou a súa participación nela ó seu único fillo, José Luis Rodríguez Blanco, segundo testamento outorgado o 26 de xaneiro de 1970 ante o notario da Coruña, Jesús Alonso Piñeiro, co número 114 de protocolo.

Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña, sección 1ª, no folio 23 do libro 337, predio 16759, inscrición 3ª.

Dado en Santiago de Compostela o once de abril de mil novecientos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA