Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.472

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (12/1995).

María Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que no P. abreviado que se segue neste xulgado co número 12/1995, que se segue sobre abandono de familia, incoado en virtude de denuncia, contra José Luis Durán Neira, se dictou

auto en data trece de marzo deste ano do que a parte dispositiva literalmente copiada di así:

«Reputar como falta os feitos que deron lugar á formación da presente causa. Sendo competente este xulgado, incóese o correspondente xuízo de faltas e déixese nota bastante nos libros de rexistro. Notifíquese esta resolución ó Ministerio Fiscal e demais partes comparecidas. Así o acordo, mando e asino».

Contra a dita resolución cabe recurso de reforma e subsidiario de apelación no improrrogable prazo de tres días perante este xulgado, que será resolto pola maxistrada-xuíza.

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a José Luis Durán Neira, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA