Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.470

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (21/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fai público que perante este xulgado e co número 21 de 1995, promovido por Ángel Ferreiro Otero, accionando no beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Leonor Losa Molina, tramítase expediente de domi

nio para inmatriculación no Rexistro da Propiedade do seguinte predio:

Casa sinalada co número trinta e tres (antes o estivo cos un e cinco) do lugar de Cantaleta, tamén coñecido por Amañecida, na parroquia de San Salvador de Vidán e termo municipal de Santiago de Compostela, composta de planta baixa e piso alto, que se atopaba en mal estado de conservación e actualmente está en condicións de normal habitabilidade, da superficie duns cen metros cadrados. Polas súas costas ten unido un terreo destinado a patio e horta da extensión superficial de cento corenta e nove metros cadrados, pertencéndolle outro anaco dianteiro de trinta e seis metros cadrados. Linda o conxunto urbano: a súa fronte, norte, con camiño de carro que da Ponte da Rocha Vella pasa á Choupana e, en parte, con máis de Juana Vázquez Barreiro; as súas costas, sur, con casa de José Blanco, hoxe de Dolores Puga Pérez, a súa dereita entrando, oeste, con máis de Juana Vázquez Barreiro; e a súa esquerda, leste, con camiño público.

E en virtude do acordado e o disposto na lei e Regulamento hipotecario, por medio do presente edicto convócanse e citan as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada; ás persoas vendedora e de quen procede o predio Rogelio Puga Pérez, hoxe os seus fillos Carmen, Jesús e Dolores Puga Franqueira, María del Carmen Puga Pérez, hoxe os seus fillos Elvira, Isabel, Juan, María del Carmen, Manuela e Miguel Ameneiro Puga; Soledad, Dolores, Manuel e Victoria Puga Pérez e Josefa Limas Codesido, e José Puga Pérez, e caso de falecemento dalgún deles citanse os herdeiros, sucesores ou habentescausa descoñecidos; os estremeiros relacionados na descrición; a todos eles para que dentro de dez días comparezan perante o xulgado e expediente alegando o que ó seu dereito conveña.

Santiago de Compostela, dez de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA