Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.470

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 30 de maio de 1995 pola que se outorgan nomeamentos de rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan (rexistro número 1 da Coruña e dous máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 15 de marzo de 1995 (BOE do 24 de marzo), corrección de erros BOE do 30 de marzo, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución e 17 da Lei de réxime xurídico da Administración do Estado.

Visto tamén o que dispón o artigo 26. 1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 e o decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas vixentes na materia, esta consellería para prove-los rexistros da propiedade vacantes, radicados no territorio desta Comunidade Autónoma, outorga o nomeamento de:

Jacinto Enrique Matute Narro, nº de escalafón 110, rexistrador de Madrid nº 36, para o Rexistro da Coruña nº 1.

Jaime Concheiro del Río, nº de escalafón 242, rexistrador de Carballo, para o Rexistro de Ferrol (A Coruña).

Hermes Rego Valcarce, nº de escalafón 656, rexistrador de Vigo nº 4, para o Rexistro de Ordes (A Coruña).

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Sr. Director Xeral de Xustiza e Interior

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA