Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.431

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 164/1995, do 3 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea a 20 kV ós centros de transformación de Reigada e Butano, no concello de Monforte de Lemos (Lugo). (Expediente número 3621 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 20 kV de 2.163 m de lonxitude, conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos e tomas de terra, con orixe na L.M.T. de circunvalación de Monforte de Lemos e P-6 da L.M.T. ó C.T. Butano e final nos centros de transformación de Reigada e Butano, no concello de Monforte de Lemos (Lugo). (Expediente número 3621.A.T.).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 12-04-1993, a cal foi obxecto de publicación inseríndose no DOG do 10-06-1993, no BOP de Lugo do 25-05-1993, no BOE do 12-05-1993 e no xornal El Progreso de Lugo do 21-04-1993.

A solicitude de urxente ocupación fíxose segundo o disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no xornal El Progreso de Lugo do 15-09-1994, no BOP de Lugo do 24-09-1994, no DOG do 12-09-1994 e no BOE do 26-08-1994; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período no que se someteu a trámite de información pública formularon alegacións de disconformidade co trazado da liña Anuncia Castro Pérez, propietaria dos predios nº 2A do treito ó C.T. Butano e 18A da derivación a Reigada e Santos Héctor Díaz Núñez, titular dos predios nº 20 ó C.T. Butano e nºs: 3, 5, 6, 7 e 9 da derivación ó C.T. de Reigada, as cales se desestiman por considera-lo trazado da liña como o máis idóneo polas edificacións que existen na zona e xa que unha vez efectuada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, a ins

pección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 de Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 de Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Cóidase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., pois con esta liña preténdese amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea a 20 kV con remate nos centros de transformación de Reigada e Butano.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Monforte de Lemos (Lugo) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, tres de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA

AGROALIMENTARIA