Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 161/1995, do 3 de xuño, polo que se crea o centro público de educación primaria e educación infantil de Melide na provincia da Coruña.

A mellora da calidade do ensino na Comunidade Autónoma, obxectivo prioritario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, fai precisa a creación de novos centros que permitan ofrecer postos escolares axeitados ás necesidades actuais.

Na súa virtude, de acordo co disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das competencias atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Créase o seguinte centro público de educación primaria e educación infantil:

Provincia da Coruña: concello Melide.

Localidade: Melide.

Colexio público de Melide nº 3.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O presente decreto non leva consigo incremento de gasto público.

Segunda.-Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para que por orde sinale a data de comezo das actividades do centro público creado no artigo anterior e para adopta-las medidas axeitadas para a execución do presente decreto.

Terceira.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.