Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 14 de xuño de 1995 Páx. 4.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de xuño de 1995 pola que se aproban os plans de emerxencia exterior do polígono industrial da Grela-Bens, situado nos concellos da Coruña e Arteixo, e das factorías Zeneca Agro, situada no concello do Porriño (Pontevedra) e Repsol Butano, S.A., situada no concello de Mos (Pontevedra).

O Real decreto 886/1988, sobre a prevención de accidentes maiores, no seu artigo 4.2º b), indica que os órganos competentes das comunidades autónomas deberán elaborar e aproba-los correspondentes plans de emerxencia exterior das industrias afectadas por el.

O Decreto 261/1994, do 29 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia (DOG do 7 de agosto de 1994), no artigo 9, puntos 2º.1 b) e 2º.1 c), indica que a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente terá como funcións a elaboración, coordinación e, se é o caso, a dirección dos plans territoriais e especiais que se indican na norma básica de protección civil, sendo un deles os plans de emerxencia exterior das industrias e polígonos afectados polo Real decreto 886/1988, que estean radicados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

Pola Resolución do 11 de outubro de 1994, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente publícase o Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga), despois da súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia en reunión celebrada o 14 de xullo de 1994, e homologación pola Comisión Nacional de Protección Civil na súa reunión do 30 de setembro de 1994.

A Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de Galicia, órgano competente en materia de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, en colaboración cos responsables de tódolos servicios intervenientes doutras administracións, elaborou os plans de emerxencia exterior do Polígono Industrial da Grela-Bens, da Coruña, e das factorías de Zeneca Agro, do Porriño e Repsol Butano, S.A., de Mos.

Conforme se establece no artigo 2, apartado c) do Decreto 208/1993, os anteriores plans de emerxencia exterior informounos favorablemente a Comisión Galega de Protección Civil na súa reunión do 8 de maio de 1995. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbanse os plans de emerxencia exterior do Polígono Industrial da Grela-Bens, situado nos concellos da Coruña e Arteixo, da factoría Zeneca Agro, situada no Porriño (Pontevedra), e da factoría Repsol Butano, S.A., situada en Mos (Pontevedra).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente para realizar tóda

las actuacións e dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-Os plans de emerxencia exterior entrarán en vigor trala súa homologación pola Comisión Nacional de Protección Civil, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, de protección civil.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública