Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.- Resolución do 16 de xaneiro de 1995 pola que se fai pública a proposta de resolución do expediente sancionador C-12/1994.

Advertido erro na mencionada proposta de resolución, publicada no DOG nº 28, do 9 de febreiro de 1995, cómpre efectua-la seguinte rectificación:

-Na páxina 1.133, no parágrafo segundo, onde di: «Que o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, acorde sancionar:», debe dicir: «Que o consello da Xunta de Galicia, logo da proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, acorde sancionar:».